Autoridade Portuaria de Vigo
Estado do ceo : Cuberto Estado do vento: Vento de suroeste Variación da temperatura: Se manteñen as temperaturas 17,0°C
Estación Muelle Trasatlánticos
Área Portuaria de Beiramar

Área Portuaria de Beiramar

Estaleiros

Vigo está considerado un dos principais nodos de fabricación de buques a nivel internacional. Non hai moitos anos, as empresas de Vigo foron líderes indiscutibles na construción naval civil (non militar) española, por facturación e tonelaxe, chegando a concentrar aproximadamente ao 40% da produción nacional. Aínda que no actual concepto de crise a produción atópase nun periodo de estancamento técnico, a experiencia e o coñecemento acumulado polos profesionais do Porto de Vigo, así como a súa capacidade de adaptción e a profesionalización dos seus servizos, contribuíron á supervivencia xeral deste sector en Vigo, e á súa maior preparación para o próximo ciclo económico. 

Aínda que nesta zona de Beiramar atópanse 6 estaleiros principais, o sector conta con 36 gradas repartidas a ambas marxes de Ría. En total sitúanse na zona de servizo do Porto 16 varadeiros, entre Beiramar, Teis, Moaña e Espiñeiro. 

Neste tramo da Avenida de Beiramar atopamos tamén naves con actividades auxiliares á industria naval.

 

Foto Beiramar Astileiros

Pantaláns e Frigoríficos

Os frigoríficos de Vigo xogan un papel fundamental na posición do Porto de Vigo como referente mundial en pesca para o consumo humano. E é que máis do 80% da pesca de Vigo é conxelada, e recíbese en buques mercantes porta-contedores ou frigoríficos (640.077 t), pero tamén en buques conxeladores da flota pesqueiera (78.265 t). Estas cifras nos avalan como un dos puntos estratéxicos a escala mundial da industria pesqueira.

Na actualidade, o contedor supera ao modo convencional dos buques frigoríficos en case 5 veces: 120.000 t en bodega fronte a case 580.000 t en contedor. De feito, en Vigo hai 18 liñas regulares de contedores reefer e tan só 2 de pesca conxelada en convencional. As orixes principais desta mercancía son Namibia, China, Argentina, Chile, Perú, Ecuador...

No Porto hai 26 instalacións frigoríficas, cunha capacidade de almacenamento de 663.214 m2. Isto supón unha capacidade global de conxelación no porto de case 1.000 toneladas ao día. Só na zona portuaria do municipio de Vigo hai 11 grandes frigoríficos, a maioría nesta zona de Beiramar e O Berbés.

Nesta zona atopamos tamén talleres de construción e reparación mecánico-naval, fornezo de efectos navales, almacéns de pertrechos e reparación de aparellos de pesca. No seu lado mar, Beiramar destina este área ao avituallamento e estancia de buques pesqueiros, así como a unha instalación para fornezo de combustible a buques,

PEIRAOS E ARRIBADAS DA AUTORIDADE PORTUARIAClásificación por dársenas

Nome

Lonxitude (m)

Calado (m)

Ancho (m)

Empregos

En dársenas pesqueiras

       

Pantalán nº 2

200 11/2 8 Avit. e auxiliares de pesca

Pantalán nº 3

288 12/2 7,5 Avit. e auxiliares de pesca

Pantalán nº 4

152 6/3 9 Avit. e auxiliares de pesca

Pantalán nº 5

154 5/2 4 Avit. e auxiliares de pesca

Espigón nº 3

293 8 30 Pesca conxelada e bacalao

Espigón nº 3

30 8 30 Pesca conxelada e bacalao

Espigón Eduardo Cabello

360 3 30 Pesca conxelada e bacalao

Espigón Eduardo Cabello

31 8 30 Pesca conxelada e bacalao

SUMA TOTAL

1508