Autoridad Portuaria de Vigo
6,8km/h 14,9°C
Estación Muelle Trasatlánticos

Controis de Acceso

Tráfico Rodado:

GUIXAR-PEIRAOS COMERCIAIS

O acceso rodado aos peiraos comerciais de Guixar, Arenal, Transversal e Comercio contrólase dende unha casiña situada na súa entrada principal, na que se atopan as dependencias da Policía Portuaria (control de entrada) e da Garda Civil (control de saída).

Neste acceso existen dúas vías de entrada e dúas de saída, dotadas cun sistema de lectura automática de matrículas e de barreiras.

A interfonía da que dispoñen estes accesos permite ao usuario que pretende entrar ou sair, a comunicación tanto coa Policía Portuaria do control (operador local) como coa do Centro de Control, de forma que esta comunicación sexa sempre convenientemente atendida.

Nesta zona disponse de portalóns monitorizados e manipulados a partires do SIG, dende calquera ordenador da Policía Portuaria, co obxecto de permitir o paso de pezas especiais ó dispoñer dunha saída de emerxencia nesta área.

TRASATLÁNTICOS

O acceso rodado ao peirao de Trasatlánticos está dotado cunha casiña de control operada pola Policía Portuaria as 24h (control de entrada e de saída), con unha vía de entrada e unha de saída, que dispón dun sistema de lectura automática de matrículas e de barreiras.

BERBÉS-BEIRAMAR

O Porto Pesqueiro está dotado dunha casiña de control operada por Policía Portuaria as 24h (control de entrada e de saída), cunha vía de entrada e unha de saída, dotadas cun sistema de lectura automática de matrículas e de barrerias.

BOUZAS

Na área portuaria de Bouzas, disponse de dous puntos fundamentais de control de acceso:

  • Un na entrada da Terminal Ro-Ro e da Zona Franca, dotado de dependencias de Policía Portuaria (control de entrada) e de Guardia Civil (control de saída), ambas con sistema de lectura automática de matrículas e barrerias.

  • Outro no acceso acceso ao peirao de Reparacións, con casiña de control da Policía Portuaria (control de entrada e saída), sistema de lectura automática de matrículas e barreiras. 

 

Controis de Acceso Peatonais:

GUIXAR-PEIRAOS COMERCIAIS

Un acceso peatonal comunica o peirao de Comercio e a Praza da Estrela, e configúrase como a única vía de entrada e salida peatonal para esta zona portuaria. Está dotado cunha cámara para a identificación do personal con autorización de acceso ao peirao, que se xestiona dende o Centro de Control, entre outros postos. Ademáis, conta con dous lectores de tarxetas que utilizan tecnoloxía RFID (Radio Frequency Identificación), mediante os que se contrasta a autenticidade da tarxeta coa base de datos situada no servidor central del SIG. Tamén dispón dun sistema de interfonía para a comunicación co Centro de Control.

TRASATLÁNTICOS

O Peirao de Trasatlánticos é de acceso peatonal libre, agás una zona de acceso restrinxido que está controlada desde el Centro de Control, mediante un torno dotado dunha cámara para a identificación do personal con autorización, dous lectores de tarxetas RFID e un sistema de interfonía para a comunicación co Centro de Control.

BERBÉS-BEIRAMAR

O Porto Pesqueiro do Berbés e Beiramar dispoñen de varios puntos de control de acceso peatonal, con cámara para a identificación de personal e lectores de tarxetas RFI.

BOUZAS

Na área portuaria de Bouzas, non está autorizado o acceso peatonal á Terminal Ro-Ro, de transporte rodado.


Solicitudes de acceso aos recintos Portuarios 

Para as solicitudes de acceso para persoas e vehículos non rexistrados débese enviar un correo electrónico á dirección controldeaccesos@apvigo.es indicando:

  • Solicitante

  • Empresa

  • Motivo

  • Data/hora inicio

  • Data/hora fin

  • Recinto: Peiraos Comerciais / Trasatlánticos / Terminal de Bouzas/ Praza da Estrela

  • Nome

  • Copia DNI

  • Vehículos

Particular ou de empresa

Matrícula/marca/modelo/cor