Autoridad Portuaria de Vigo
15,2°C
Estación Muelle Trasatlánticos

Instalacións Portuarias - Código ISPS

Código internacional de protección de buques e instalacións portuarias no Porto de Vigo (código ISPS)

O Tráfico Marítimo constitúese indubidablemente como un instrumento de gran importancia estratéxica para o comercio internacional, en especial, tendo en conta a alta porcentaxe do movemento internacional de mercadorías que se desenvolve a través desta vía.

Acompañando a este gran incremento do tráfico marítimo, existe un importante risco de ameazas de natureza antisocial afectando ao tráfico marítimo e sectores asociados (buques, instalacións portuarias, etc.), ameazas de carácter global, que necesitan de resposta global e de cooperación internacional.

Froito destas circunstancias, e dos acontecementos ocorridos en setembro de 2001 en EEUU e o 11 de Marzo de 2004 en España, é o nacemento da normativa internacional de protección en sectores como o marítimo, centralizando a Organización Marítima Internacional ( OMI) a orixe da mesma.

O inicio da normativa en materia de protección foi o Código Internacional de Protección de buques e Instalacións Portuarias ( PBIP/ ISPS (aprobado por Resolución 2 da Conferencia de Gobernos Contratantes do Convenio SOAS o 12 de Decembro de 2002), cuxo inmediato desenvolvemento posterior en Europa supuxo a entrada en vigor en xullo de 2004 do Regulamento (CE) Nº 725/2004 do Parlamento Europeo e do Consello relativo á mellora da protección dos buques e as instalacións portuarias. Posteriormente, a Directiva 2005/65/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 26 de outubro de 2005 sobre mellora da protección portuaria traspúxose por medio do Real Decreto 1617/2007 polo que se establecen medidas para a mellora da protección dos portos e do transporte marítimo. Como resultado, ademais dos plans de protección das instalacións portuarias e os seus correspondentes Oficiais de Protección, existe un Plan de Protección do Porto e un Oficial de Protección do Porto.

Actualmente no Porto de Vigo están identificadas trece instalacións portuarias: catro son titularidade da Autoridade Portuaria, unha delas, de tráfico ocasional, contando con medidas de protección equivalentes. Das restantes, en réxime de concesión, tres tamén teñen un tráfico ocasional

Titularidade de Autoridad Portuaria:

Medidas equivalentes:

  • Peirao de Rande


Concesionadas:

  • Peirao de Bouzas Reparacións

  • Termavi

  •  MetalShips

  •  Frioya

  •  Nueva Pescanova

  •  Puerto Vieira

Medidas equivalentes:

  • Fandicosta

  • Frigalsa

  • Frigoríficos del Morrazo

A aplicación desta normativa incide especialmente no Peirao de Transatlánticos, en razón do tráfico de pasaxe de buques cruceiro, con máis transcendencia que o de mercadorías dende o punto de vista da protección de vidas humanas, así como o maior grao de esixencia por parte dos outros axentes afectados por esta normativa, as compañías armadoras e os propios buques.


A chave para a correcta aplicación dos plans de protección das instalacións portuarias e do propio porto áchase sen dúbida no labor que realiza o Oficial do Protección, a Policía Portuaria, así como nos efectivos dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado (Garda Civil e Corpo Nacional de Policía) que desenvolven regularmente a súa actividade no Porto.