Autoridad Portuaria de Vigo
Innovación e mellora ambiental

Innovación e mellora ambiental

A Autoridade Portuaria participa activamente en numerosos proxectos de I D, no campo da sustentabilidade, mellora e protección ambiental.

Nestes últimos anos destacan os seguintes proxectos:


Proxectos Actuais


  • Samuel


O obxectivo principal é a elaboración dun estudo de viabilidade para o desenvolvemento dunha infraestrutura de fornezo de GNL no Porto de Vigo (construír unha unidade de almacenamento e fornezo innovadores). Este estudo dará como resultado o deseño conceptual e innovador dunha unidade flotante para o fornezo e almacenamento de combustibles mariños (principalmente GNL), que tamén debe ser capaz de fornecer electricidade e calor aos barcos.


  • Core Lngas Hive


Proxecto que ten por principal obxectivo a redución de emisións atmosféricas derivadas da actividade portuaria cun sistema de fornezo de enerxía eléctrica a buque a través dun motor que emprega como combustible Gas Natural Licuado.



Proxectos destacados xa finalizados


  • Proxecto Faros – Be-fair


Proxecto de investigación financiado a través do programa LIFE da Unión Europea que continua coas directrices do proxecto Be-Fair e que ten como fin o desenvolvemento da pesca sostible, dirixido á minimización de descartes pesqueiros e ó seu aproveitamento posterior.


  • Proxecto 3r Fish – Pescal

Proxectos encamiñados á reciclaxe de residuos procedentes da actividade pesqueira eliminándoos dos fondos mariños.


  • Proxecto GPEC


Este proxecto nace co obxectivo de fomentar a utilización de gas licuado para a produción de enerxía eléctrica, auga quente e fría (tri-xeración) destinado ao fornezo a buques en porto, todo iso a través de equipos instalados en contedores, que poden ser desprazados aos puntos concretos do peirao onde existe a demanda.

Como resultado do proxecto construiuse un prototipo denominado “GPEC”, que está instalado nun contedor ISO de 40 pés e dotado dun sistema informático de control e monitorización.

  • Green Atlantica Optimos


O obxectivo xeral deste proxecto é o de lograr un transporte sostible e contribuír, ao mesmo tempo, a establecer sinerxías de cohesión entre as rexións centrais e periféricas da Unión Europea, co fin de crear un espazo europeo de transporte marítimo sen barreiras. Por outra banda, o proxecto incorporou o estudo da viabilidade do uso de combustibles alternativos como o GNL ou doutros sistemas de baixo contido de xofre nas Autopistas do Mar Atlánticas, así como o uso de enerxía eléctrica xerada no propio porto durante a estancia do buque.

 

  • Iniciativa Blue Growth

BLUE GROWTH desenvolvido polo Porto de Vigo en consorcio coa Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar e a Consellería de Industria, a Axencia Galega de Innovación, o Campus do Mar, Zona Franca e Portos do Estado, é a aplicación en Vigo dunha estratexia de economía azul que leva operativa 3 anos en Europa, experimentándose a súa implantación na práctica, o que permitiu comprobar a súa vantaxes e inconvenientes dentro do Plan de Acción do Atlántico.

Para máis información: www.bluegrowthvigo.eu