A Plataforma Loxística pode definirse como unha gran superficie de terreo dotada de conexións para o transporte intermodal, de instalacións de almacenaxe, ruptura, concentración e distribución de carga, de centros de actividades terciarias relacionadas co comercio internacional, de oficinas para empresas dos distintos ámbitos da produción que necesiten información e conexión coas redes do comercio mundial e de calquera outro tipo de instalacións que permitan intercalar procesos que aumenten o valor das mercancías (tales como envasado, etiquetado, control de calidade, etc…).
A Plataforma constituirá un complexo multifuncional disposto sobre un ámbito territorial de 298 Ha, situado estratexicamente nos municipios de Salvaterra e As Neves a 35 km de Vigo, conectado mediante a autovía A-52 co Porto de Vigo a través da autoestrada do Atlántico (AP-9) e co Norte de Portugal pola A-55, e en contacto co eixe da liña ferroviaria Madrid-Ourense-Vigo-Porto de Vigo. Configúrase como unha área especializada de concentración de empresas e servizos loxísticos, transporte de mercancías e intermodalidade, así como de actividades industriais, empresariais e servizos xerais asociados.
Como tal, a plataforma loxística proxectada está especialmente deseñada e concibida para un desempeño óptimo das súas funcións de forma integrada e sinérxica, con potencialidades de desenvolvemento a curto, medio e longo prazo, tanto para a prestación conxunta de servizos á totalidade do conxunto do Nó Loxístico de Vigo e o seu porto, como para potenciar a súa proxección a escala rexional, nacional e internacional.
As Áreas de Actividade son as cinco grandes áreas de actividades para usos mixtos e temáticos, nos que se divide a plataforma. Concibidas como parques nos que se agrupan as actividades de operadores loxísticos e industriais, con dimensións variables, forman os polígonos internos funcionais da Plataforma Loxística.
Internamente as Áreas de Actividade ordénanse nunha malla de cuadras e rede viaria de acceso a parcelas e aparcamentos e distribución de servizos. As cuadras admiten, segundo as necesidades funcionais ou a vocación da área, diversas alternativas de ordenación interna e de tipoloxías edificatorias e de instalacións.
Área de actividad |
Especialización funcional |
Superficie |
|
CI |
Centro Intermodal |
Área de concentración de terminais intermodais (FFCC- estrada) |
367 618 m2 |
LI |
Área Loxística Intermodal |
Complementaria ao Centro Intermodal, con terminais dedicadas |
224 698 m2 |
LT |
Área Loxística |
Área para operadores loxísticos e de transporte, e de centro |
A: 361.099 m² B: 478.953 m² C: 142.465 m² |
LE |
Área Loxística Empresarial |
Área para empresas con un compoñente significativo de loxística, |
596.659 m² |
CS |
Centro Integrado |
Complexo de servizos a empresas, personas, vehículos e equipos |
62.598 m² |