Autoridade Portuaria de Vigo
Estado do ceo : Ceo despexado de noite Estado do vento: Vento de este Variación da temperatura: Subida de temperaturas 17,0°C
Estación Muelle Trasatlánticos
Lado sur

Lado sur

Rios-Teis

Aínda no municipio de Vigo, ao outro lado do monte da Guía, na zona máis próxima ao Concello de Redondela, encontrámonos cunha zona moi industrializada, na que se sitúan empresas de diverso tipo: estaleiros, varadoiros, frigoríficos...; aproveitando tanto as boas condicións da Ría nesta zona, ao resgardo do monte de Guía, como a súa proximidade á Autoestrada do Atlántico, que enlaza coa Autovía do Noroeste no nó de Puxeiros.As empresas que se atopan nesta zona de servizo do Porto son:Astilleros y Varaderos Montenegro, S.A.Astilleros Montajes Cíes, S.L.Varadero Pérez Méndez, S.L.: Esta empresa dispón das seguintes instalacións para o desenvolvemento da súa actividade: 

Tipo de actividade: rampla de lanzamento
Nº de ramplas Lonxitude de ramplas (m) Ancho (m) Pendente (%) Calado en extremo (m) Máx. TM buque admitidas
1 70 4 6 1 150

 

Tipo de actividade: estaleiro
Nº de ramplas Lonxitude (m) Ancho (m)
4 35 12

Metalships & Docks, S.A.U.empresa dedicada á contrución e reparación de buques de estrutura metálica. Dispón das seguintes instalacións:

Tipo de instalación Lonxitude (m) Calado (m) Ancho (m) Emprego
Peirao 240 3.5/9 14 Peirao de armamento

 

Tipo de instalación Eslora Manga Calado mínimo Forza ascensional
Exterior Interior Exterior Interior Exterior Interior  
Dique flotante 1 127 115 29.20 22.40 2.80 2.80 5000
Dique flotante 2 162 150 30.80 24.80 7 0.80 8000
Tipo de actividade: rampla de lanzamento
Nº de ramplas Lonxitude rampla (m) Ancho (m) Pendeente (%) Calado en extremo (m) Máx. TM buque admitidas
2 200 18 6 6.5 1500

Tipo de actividade: estaleiro
Nº de diques Longitud (m) Ancho (m)
1 220 30

Frigoríficos de Galicia, S.A. (FRIGALSA)é un dos maiores almacéns frigoríficos do Porto de Vigo. As suas instalacións consisten en:

Tipo de instalación Lonxitud (m) Calado (m) Ancho (m) Emprego
Peirao 223 0.88 10 Tráfico pesqueiro
Tipo de instalación Capac. almacenamento (m3) Capac. conxelación (24 h)
Almacén frigorífico 124.752 50

Frioteis, S.L.empresa frigorista, dedícase tanto á descarga, estiba e desestiba de mercadoría conxelada, coma ao seu almacenamento ata o momento da súa distribución.

Embarcaciones Astinor: empresa dedicada á construción de embarcacións de recreo en P.R.F.V. (poliéster reforzado con fibra de vidro).  Conta con dous estaleiros: o de Teis, con 5.000 m2, que ademáis conta con peiraos e travelift para probas e servizos das embarcacións.  E o de Redondela, con 3.000 m2

Servizos Náuticos del Noroeste.

Chapela

No municipio de Redondela, cabe mencionar, en primeiro lugar, por dispoñer dunhas características físicas prácticamente idénticas á anterior zona de Ríos, na parroquia de Chapela, onde se atopan varias empresas frigoríficas, de conxelado e conserveras, como son:Frigoríficos Oya, S.A.: é unha empresa especializada en loxística interna de peixes e mariscos conxelados, precociñados, refrixerados, etc. Defínese como unha Zona de Almacenamento Loxístico.  Dispón, entre outras, das seguintes instalacións:

Tipo de instalación Lonxitude (m) Calado (m) Ancho (m) Empregos
Peirao 220 8 23 Tráfico pesqueiro

Tipo de instalación Capac. almacenamento (m3) Capac. conxelación (24 h)
Almacén frigorífico 135000 0

Frivipesca Chapela, S.A.: empresa do Grupo Pescanova, que está especializada no procesado e comercialización de productos do mar.

Pescanova, S.A.: actualmente, Pescanova é unha das principais empresas españolas, de integración vertical, con actividades en todo o mundo.  Un axeitado proceso de reestructuración permitiu que Pescanova adquirise en poucos anos a dimensión e importancia que hoxe a caracterizan.  As súas actividades pódense esquematizar como segue:

  • - Explotación de caladoiros afastados e aplicación de técnicas de conxelación a bordo nos buques.
  • - Comercialización de peixe conxelado coa creación dunha rede frigorífica propia e unha externa organización comercial.
  • - Internacionalización da empresa mediante acordos de cooperación para unha axeitada explotación dos recursos marítimos internacionais.
  • - Empresa pioneira no desenvolvemento da acuicultura como fonte de aprovisonamento de recursos mariños de calidade.

En Chapela conta coas seguintes instalacións:

Tipo de instalación Lonxitude (m) Calado (m) Ancho (m) Empregos
Peirao 122 7 20 Tráfico pesqueiro
Peirao 90 3 10 Tráfico pesqueiro

 

Tipo instalación Capac. almacenamento (m3) Capac. conxelación (24 h)
Almacén frigorífico 48000 128

Auxiliar Conservera, S.A. (AUCOSA): a súa actividade abrangue dende a comercialización de peixes e mariscos, tanto frescos coma conxelados, a fabricación de fariñas e aceites de peixe, ata o servizo de cámaras frigoríficos. A fábrica de fariñas e aceites de peixe situada en Chapela conta coas máis avanzadas instalacións para a redución de peixe.

 

Rande

Tamen no municipio de Redondela, pero dentro da área de Rande atopámonos con outras empresas importantes:S.A. Eduardo Vieira: As súas instalacións de Rande denomínanse "Porto Vieira", e centran a súa actividade no almacenamento frigorífico, constituíndose no centro loxístico para a distribución nos mercados nacional e europeo.  As súas modernas instalacións, cunha capacidade superior aos 80.000 m3, unidas á eficiencia de procesos despregada, valéronlle a obtención da certificación de calidade UNE-EN-ISO-9001/2008 e a autorización como Posto de Inspección Fronteriza (P.I.F.)

Tipo instalación Lonxitude (m) Calado (m) Ancho (m) Emprego
Peirao 120 6.50 20 Tráfico pesqueiro

 

Tipo instalación Capac. almacenamento (m3) Capac. conxelación (24 h)
Almacén frigorífico 24500 20
David Fernández Grandeas instalacións que esta empresa ten en Rande son o que se denomina un punto de costa de quinta clase. O peirao situado en Punta Pías (Pontevedra), do que é concesionaria, utilízase para a carga e descarga de bloques de granito e rochas ornamentais propias dos concesionarios exclusivamente, en tráfico nacional, de importación e exportación, realizado por calquera das empresas que obtiveron a concesión para a explotación do peirao, entre as que está  David Fernández Grande.
Tipo instalación Lonxitude (m) Calado (m) Ancho (m) Emprego
Peirao 255 10 135 Tráfico comercial