Noticias de la Autoridad Portuaria

Noticias de la Autoridad Portuaria

05/08/2022

RESTRICCIÓNS AO TRÁFICO POLA PROCESIÓN DO CRISTO DA VICTORIA 2022

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da PROCESIÓN DO CRISTO DA VICTORIA a celebrar o domingo 7 de agosto de 2022 percorrendo as rúas Real, Cánovas del Castillo, Montero Ríos, Concepción Areal, Colón, Príncipe, Porta do Sol, Praza da Constitución e Triunfo, establécense as seguintes restriccións ao tráfico rodado.

Sobre as 16.30 dará comenzó a montaxe das fileiras da procesión nas rúas Berbés e Cánovas del Castillo, nese momento córtanse os accesos á zona e incluso os acccesos á Praza Compostela ou parte do percorrido en función da afluencia de persoas.

Ás 19.000 comenza a procesión polo que a medida que avanza vaise cortando o tráfico que poida acceder ao percorrido cos desvíos correspondentes, xerando dificultades para o acceso de vehículos de garaxes e aparcadoiros.

Permanecerá en todo momento aberto o túnel de Beiramar nas dúas direccións.

No momento de acceso da procesión á rúa Colón:

  • Corte da rúa areal entre Colón e República Arxentina, desvío polo túnel de Beiramar
  • Cortado o tráfico da rúa Policarpo Sanz e Marqués de Valadares, desvío pola rúa Velázquez Moreno cara a alameda.
  • Cortado o sentido descendente da rúa Urzáiz dende Lepanto, desvíos por Lepanto a Alfonso XIII, excepto transporte público e aparcadoiros.
  • Cortada a rúa García barbón cara ao centro no cruce coa República Arxentina, desvío por República Arxentina.
  • O transporte público desvíase dende García Barbón por República Arxentina-Uruguay e Cervantes cara a Urzáiz. Establécese dobre sentido de circulación a rúa República Arxentina entre García Barbón e Uruguay.

 

Agradecendo se colabore con boa disposición para que a procesión se desenvolva con normalidade e sen ningún tipo de incidencias.