Presentación

Presentación

Neste apartado recóllense as magnitudes que alcanzaron todos os tráficos e servizos desenvolvidos polo Porto de Vigo, analizados segúndo tipo de mercadorías e países, básicamente. Para realizar unha análise da evolución temporal ou comparativos respecto a outras instalacións portuarias nacionais, pódese consultar a páxina web do Ente Público Portos do Estado, www.puertos.es.

En canto á actualización das cifras, a publicación destas prodúcese tralo visto e prace do Consello de Administración  da Autoridade Portuaia no exercicio das facultades conferidas pola Lei 27/1992, de Portos do Estado e da Mariña Mercante.

Por outro lado, inclúese a última Memoria Anual do Porto, así como as catro anteriores, valiosos instrumentos de información sobre todos os aspectos portuarios.

Para rematar, inclúense certos documentos altamente relevantes para os Usuarios do Porto na súa xestión ordinaria, como as guías ambientais, políticas en materia da xestión da seguridade, calidade e o medio ambiente, e outras interesantes informacións.