Centro de control do Porto

Foto Centro de Control

Configurado como o "112 do Porto”, presta servizo as 24 horas todos os días do ano, contando con 2 Operadores en cada turno pertencentes ao Servizo de Policía Portuaria (Área Explotación Portuaria). Esto supón unha elevada integración co peirao desde donde a Policía Portuaria “teleexplota” todas as instalacións portuarias e desde o que se centralizan todas as actuacións que se deriven da activación dun Plan de Protección, dun Plan de Autoprotección ou dun Plan Interior Marítimo..

O Centro de Control xestiona gran cantidade de información, proporcionando e recibindo datos, tanto de procedencia interna (organización da APV) como externa (usuarios do Porto), retroalimentándose, en definitiva, de esta cooperación.

Pretende centralizar servizos, facilitando a labor dos Usuarios Portuarios, xa que canaliza as xestións necesarias para resolver eficazmente tanto as incidencias mais rutinarias como as emerxencias mais graves.

 

Funcións que desarrollan os operadores

  • MOVEMENTOS E OPERACIÓNS DE BUQUES: Control de atraques e desatraques; inicio e finalización de traballos de carga e descarga; suministros e avituallamentos; reparacións e mantemento a bordo, etc. Monotorizánse a través do CCTV, e a información recollida rexístrase informáticamente.

    PROTECCIÓN: Dende o Centro realizase o control da interfaz buque-porto (tanto superficie de terra como lámina de auga), a través das cámaras do CCTV e comunicación continua coa Policía Portuaria que se encontra nos peiraos. Controlanse tamén os accesos de vehículos e peonal.

    SEGURIDADE: Activación dos protocolos do Plan de Autoprotección no caso necesario, detectando e controlando a evolución dos incidentes e accidentes. Xestión de todas as comunicacións e avisos, internos e externos. No Centro constituese anexa a sala de crisis do Comité de Emerxencia.

    MEDIO AMBIENTE (PLAN INTERIOR MARÍTIMO): Detección e control da evolución dos vertidos e derrames, xestionando as comunicacións e coordinando as accións de loita contra a contaminación.

    RECEPCIÓN E XESTIÓN DE INCIDENCIAS EN SERVIZOS DE SUMINISTRO DE ENERXÍA ELÉCTRICA E AUGA: A través de protocolos específicos, con seguimento da resolución de cada AVERÍA.

    CONTROL DE ACCESOS E CIRCULACIÓN INTERIOR: A través da xestión remota do sistema de apertura e peche, así como da interfonía e cámaras específicas que permiten visualización e comunicación directa co usuario que pretende acceder.

    ACCESO E CIRCULACIÓN DE FERROCARRIL E PEZAS ESPECIAIS: Monitorización a través do CCTV, durante todo o traxecto no interior da zona de servizo.

    Colaboración con FOZAS e CORPOS DE SEGURIDADE