Seguridade e protección

A distinción entre seguridade e protección débese a necesidade de diferenciar os conceptos relacionados coa seguridade industrial, seguridade laboral, risgos tecnolóxicos, mercadorías perigosas, etc. Coa seguridade contra actos antisociais. A primeira será “Seguridade” mentras que a segunda, no ámbito portuario, coñécese como “Protección”.

Seguridade

O porto de Vigo dispón dun Plan de Autoprotección conforme ao Real Decreto 393/2007 polo que se aproba a norma básica de autoprotección dos centros, establecementos e dependencias dedicados a actividades que poidan dar orixen a situacións de emerxencia. Este Plan  coordinarase cos plans das instalacións do porto así como cos plans de orden superior.

Por outro lado, como titulares do gran centro de traballo que é o porto de Vigo, deberanse de cumplir coas obligacións en materia de coordinación de actividades empresariais segundo o Artículo 24 da Lei 31/1995 de 8 de Novembro, de Prevención de Risgos Laborais e Real Decreto 171/2004 que o desarrolla así como o Artículo 65 do Real Decreto Lexislativo 2/2011 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante.

A admisión de mercadorías perigosas no porto tamén está regulada, neste caso polo Real Decreto 145/1989 polo que se aproba o Regulamento Nacional de admisión, manipulación e almacenamento de mercadorías perigosas nos potos. A tramitación de estas solicitudes establécese na Instrución de Seguridade IS-03.

Tratamento especial merecen os explosivos, para os cales hai que seguir as indicacións do recentemente modificado Real Decreto 130/2017, de 24 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de Explosivos, especialmente as reflexadas no CAPÍTULO V - Transporte marítimo, fluvial e en embalses, e na Instrución Técnica Complementaria Número 20: Normas de seguridade para a carga, descarga e estancia en portos, aeroportos e aeródromos.

Finalmente, en virtude do establecido no Real Decreto 840/2015 polo que se aproban medidas de control dos risgos inherentes a os accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas, os establecementos industriais que almacenen unhas cantidades mínimas de determinadas sustancias deberán elaborar un Plan de Emerxencia Interior e comunicalo xunto con outra documentación a Autoridade Portuaria e a Capitanía Marítima, co obxeto de integrar os risgos no Plan de Autoprotección do Porto.

 

Protección

Coa aparición no ano 2004 do Regulamento (CE) Nº 725/2004 do Parlamento Europeo e do Consello relativo a mellora da protección dos buques e as instalacións portuarias así como do Real Decreto 1617/2007 polo que se establecen medidas para a mellora da protección dos portos e do transporte marítimo,  incrementáronse as medidas de control de accesos e de vixilancia nos portos. Existen requisitos para acceder a determinadas zonas do porto e é necesario solicitar previamente o acceso.

O inicial Código Internacional para a Protección de Buques e Instalacións Portuarias PBIP /ISPS (aprobado por Resolución 2 da Conferencia de Gobernos Contratantes do Convenio SOLAS o 12 de Decembro de 2002), evolicionou  en Europa e España, pasando de 30 as instalacións portuarias definidas en Vigo en xulio de 2004 a as actuais 13 así como un plan de protección para todo o porto.

 


Destacar a nivel de prevención de risgos laborais a obtención da CERTIFICACIÓN DO SISTEMA DE PRL BAIXO A NORMA OSHAS 18001-2007 no ámbito da propia xestión da Autoridade Portuaria.