Autoridad Portuaria de Vigo
6,2km/h 13,2°C
Estación Muelle Trasatlánticos
Presentación

Presentación



Ademais da súa privilexiada posición xeográfica, geocéntrica nas rutas marítimas mundiais e das súas condicións naturais de abrigo que o etiquetan como porto seguro, se hai algo que caracteriza ao Porto de Vigo é a súa condición de porto altamente especializado no movemento de mercancía xeral diversa de alto valor, sendo máis do 90 % da mercancía que se move a través de Vigo, mercancía xeral, e máis do 70 % desta, en contedor. Dispón, ademais, de terminais especializadas en tráfico ro-ro, sendo, de feito, estando nos primerios postos do ranking de portos españois en movemento de tráfico de  vehículos novos, e o primeiro na operativa ro-ro da franxa costeira de toda a fachada atlántica peninsular.

 

O alto valor económico da mercancía explícase a través deste tráfico e do de pezas de automoción, ademais dos produtos pesqueiros, conxelados, frescos e elaborados -conservas - que fan do Porto de Vigo un dos principais portos pesqueiros a nivel mundial no tráfico de pesca destinada ao consumo humano, tanto en termos de cantidade como de calidade.

Cunha localización privilexiada nas rutas marítimas, o Porto de Vigo conta con máis de 90 servizos marítimos regulares aos principais destinos de Europa, África e América. Deles, destacan as liñas de tráfico ro-ro, tanto a nivel europeo, desenvolvendo un verdadeiro transporte marítimo de curta distancia ou “short sea shipping", como a nivel transoceánico. Mensión especial require a Autopista do Mar, Vigo-Nantes St. Nazaire, posta en marcha oficialmente en xaneiro de 2016 e que actualmente xa ten extendido o seu ámbito de alcance cara o sul, ata o porto marroquino de Tánxer.

O Porto de Vigo destaca pola calidade dos seus servizos portuarios, ofrecido por un persoal portuario altamente especializado. Conta con 4 empresas prestadoras do servizo portuario básico de estiba e desestiba, e cunha de cada un dos restantes servizos que se prestan no noso Porto: practicaxe, remolque, amarre e desamarre, recollida de refugallos líquidos xerados por buques e recollida de refugallos sólidos xerados por buques.