Autoridad Portuaria de Vigo
7,0km/h 11,0°C
Estación Muelle Trasatlánticos
Política integrada de xestión

Política integrada de xestión

O Porto de Vigo é sen dúbida una das unidades económicas e de prestación de servizos máis importantes da Comunidade Autónoma, que ten como visión ser un modelo de competitividade, eficiencia e sostenibilidade en todas as súas actividades, instalacións e servizos.

Por iso os nosos proxectos e accións están orientados para conseguir ser:

  • Un porto conectado, non só no referente aos medios e infraestruturas de transporte marítimo intermodal, senón tamén mediante procesos industriais e loxísticos dixitalizados, tecnoloxías da información e a comunicación e eficiencia na administración, eslabón de conexión crave co usuario final.

  • Un porto innovador, integrado nun ecosistema de coñecemento, transferencia, l +D+ I, emprendemento e actuacións comerciais diferenciadoras.

  • Un porto verde, promotor da protección e a conservación do medio marítimo e costeiro, que faga uso responsable dos recursos naturais e practique a sostenibilidade e a eficiencia enerxética.

  • Un porto inclusivo, enfocado nas persoas e implicado coa formación das novas profesións, a cohesión produtiva dos sectores vinculados co mar, e as actuacións de innovación social.


A nosa misión é xestionar infraestruturas e garantir a fiabilidade dos servizos para contribuír á competitividade dos seus clientes e crear valor para a sociedade, dentro dun marco de crecemento azul.

Os valores fundamentais da Autoridade Portuaria de Vigo son a calidade de todos os seus servizos, a seguridade e saúde no traballo, o respecto ao medio ambiente, a integridade e honradez no desempeño profesional e nas relacións cos grupos de interese e mellóra continua na integración do porto coa cidade de Vigo e outras comunidades da súa contorna.

A Autoridade Portuaria de Vigo, como xestora do porto, márcase como obxectivo prioritario dentro do seu marco estratéxico empresarial, o desenvolvemento dunha xestión portuaria sostenible, orientada a lograr a plena satisfacción dos usuarios do porto e co firme propósito de cumprir coas responsabilidades para cos seus traballadores e a sociedade.

A Dirección e Presidencia da Autoridade Portuaria de Vigo consideran prioritaria a seguridade e saúde dos seus traballadores, e son conscientes do gran impacto social que teñen as actividades portuarias. As persoas constitúen o valor máis importante que garante o noso futuro e por iso deben estar cualificadas e identificarse cos obxectivos da nosa organización.

Desde o pleno coñecemento da súa responsabilidade na protección da saúde dos traballadores e a contorna no que se desenvolven as actividades portuarias, e sen esquecer o compromiso e necesidade de ofrecer servizos competitivos e adecuados aos seus clientes, a Autoridade Portuaria de Vigo desenvolveu un Sistema Integrado de Xestión de Calidade, Medio Ambiente e Seguridade e Saúde no Traballo no que se establecen os seguintes compromisos:

  • Dotar aos usuarios dunhas infraestruturas adecuadas suxeitas a un nivel de conservación e limpeza que posibilite o correcto desenvolvemento das actividades que se realizan no porto.

  • Prestar aos usuarios servizos da maior calidade, ao menor custo posible e acorde aos requisitos e especificacións establecidas na normativa e lexislación vixente, buscando en todo momento a excelencia na prestación dos servizos públicos e empregando as novas tecnoloxías dispoñibles.

  • Integrar a prevención de riscos laborais no conxunto de políticas da empresa, de tal forma que os directivos, técnicos, mandos e traballadores asuman as responsabilidades que teñan na materia, entendendo que o traballo, para realizalo correctamente, debe facerse con seguridade.

  • Aplicar en todos os procesos realizados polo porto o principio de mellora continua e innovación.

  • Fomentar a motivación, participación, formación e desenvolvemento de todos os membros da organización, para conseguir o éxito da nosa Entidade.

  • Cooperar coas empresas do Porto e outras Administracións Públicas na prevención e loita contra a contaminación da contorna portuaria e respecto ao medio ambiente, integrando ao mesmo tempo as consideracións ambientais nos procesos de ordenación, planificación e xestión do dominio público portuario.

  • Impulsar a realización de estudos e investigacións relacionadas coa protección ambiental, eficiencia enerxética e desenvolvemento sostenible colaborando, para iso, con outras entidades, organizacións ou empresas nacionais e internacionais, de acordo ás súas competencias.

  • Co firme propósito de cumprir coas responsabilidades para cos seus traballadores e a sociedade, subscribir e acatar a normativa que se impón coa Lei 31/1995 de 8 de Novembro de Prevención de Riscos Laborais, as súas modificacións posteriores e os regulamentos que a desenvolven, así como toda a normativa legal que sexa de aplicación e todos aqueloutros requisitos que se subscriban en materia de prevención de riscos laborais.