Autoridad Portuaria de Vigo
6,2km/h 11,1°C
Estación Muelle Trasatlánticos

Controis de Acceso

Tráfego Rodado:

GUIXAR-PEIRAOS COMERCIAIS

O acceso rodado aos peiraos comerciais de Guixar, Areal, Transversal e Comercio contrólase dende una casilla situada na súa entrada principal, na que se atopan as dependencias da Policía Portuaria (control de entrada) e da Garda Civil (control de saída).

Neste acceso existen dúas vías de entrada e dúas de saída, dotadas dun sistema de lectura automática de matrículas e de barreiras.

A interfonía da que dispoñen estes accesos permite ao usuario que pretende entrar ou saír a comunicación tanto coa Policía Portuaria do control (operador local) como coa do Centro de Control, de xeito que esta comunicación sexa sempre convenientemente atendida.

Nesta zona disponse duns portalóns monitorizados e manipulados a partir do SIG, desde calquera ordenador da Policía Portuaria, co obxecto de permitir o paso de pezas especiais ou dispoñer dunha saída de emerxencia nesta área.

TRASATLÁNTICOS

O acceso rodado ao peirao de Trasatlánticos está dotado dunha casilla de control operada por Policía Portuaria as 24h (control de entrada e de saída) cunha vía de entrada e unha de saída, que dispón dun sistema de lectura automática de matrículas e de barreiras.

BERBÉS-BEIRAMAR

O Porto Pesqueiro está dotado dunha casilla de control operada por Policía Portuaria as 24h (control de entrada e de saída) cunha vía de entrada e unha de saída, dotadas dun sistema de lectura automática de matrículas e de barreiras.

BOUZAS

Na área portuaria de Bouzas, disponse de dous puntos fundamentais de control de acceso:

  • Un na entrada da Terminal Ro-Ro e de Zona Franca, dotado de dependencias da Policía Portuaria (control de entrada) e da Guardia Civil (control de saida), ambas con sistema de lectura automática de matrículas e barreiras.

  • Outro no acceso ao Peirao de Reparacións con casilla de control da Policía Portuaria (control de entrada e saida), sistema de lectura automática de matrículas e barreiras. 

 

Controis de Acceso Peoniles:

GUIXAR-PEIRAOS COMERCIAIS

Un acceso peonil comunica o peirao de Comercio e a Praza da Estrela, e configúrase como a única vía de entrada e saída de forma peonil para esta zona portuaria. Está dotado cunha cámara para a identificación do persoal con autorización de acceso ao peirao, que se xestiona a partir do Centro de Control, entre outros postos. Ademais, conta con dous lectores de tarxetas que utilizan a mencionada tecnoloxía RFID (Radio Frequency Identificación), mediante os cales contrástase a autenticidade da tarxeta coa base de datos situada no servidor central do SIG. Tamén dispón dun sistema de interfonía para a comunicación co Centro de Control.

TRASATLÁNTICOS

O peirao de Trasatlánticos é de acceso peonil libre, excepto unha zona de acceso restrinxido que está controlada dende o Centro de Control, mediante un torno dotado cunha cámara para a identificación de personal con autorización, dous lectores de tarxetas RFID e un sistema de interfonía para a comunicación co Centro de Control.

BERBÉS-BEIRAMAR

O Porto Pesqueiro do Berbés e Beiramar dispoñen de varios puntos de control de acceso peonil, con cámara para a identificación de personal e lectores de tarxetas RFI.

BOUZAS

Na área portuaria de Bouzas, non está autorizado o acceso peonil ao Terminal Ro-Ro, de transporte rodado.